14 vídeos animados con cancións apoiadas en pictogramas, converténdose así na primeira serie de animación inclusiva con pictogramas presente nunha canle pública de España.
Está ideada para que poidan desfrutala tanto as persoas con necesidades educativas especiais, principalmente do espectro autista, como calquera outra persoa, creando un precedente marabilloso para animar a máis creadores a incluír no seu traballo ferramentas comunicativas aumentativas e alternativas (CAA).
Que son os pictogramas?
🎵Fixemos unha canción lembrando aquelas tardes dos 90 vendo o programa do porco bravo, merendando entre cancións e series que xamais esqueceremos.