🔢 Os números
🖍️ As cores
👶 As partes do corpo
🧑🎓 Hábitos e rutinas
🔤 O abecedario
🎃 Tradicións e cultura
🌳 Os nosos ecosistemas
🫂 Valor da amizade
📆 Os días e os meses
📚 Vocabulario
🔠 As letras
🟥 Formas xeométricas
⭐ Cancións relaxantes
🦉 O silencio e estar calados
🍰 Festexamos o aniversario
➕... e moito máis
😀 Son vídeos sen cambios bruscos de cor, plano nin son para non sobreestimulalos.
📚 Sempre contan cunha aprendizaxe adaptada á idade.
👶 Sen brillos, nin grandes efectos para que non sexan invasivos.
🎶 Fomentamos a aprendizaxe a través da música.
🧑🏫 Tamén facilitamos as cancións apoiadas en pictogramas (CAA) para que todos os peques poidan desfrutalas.
Cancións animadas
🎷 Cancións de creación propia ou cancións populares internacionais en galego.
📚 Creadas para aprender os números, o abecedario, hábitos e rutinas, partes do corpo, días da semana, meses, festexar o aniversario ou dar os bos días.
🦆 Vídeos animados cos animaliños de Galego para peques, para facelas atractivas visualmente.
📕 Nalgunha tamén facilitamos fichas gratuítas para traballar os conceptos desde outro punto de vista, podes atopalo nas descripcións dos vídeos na nosa canle de YouTube.
Contos
Pictogramas (CAA)
😃 Os pictogramas son unha ferramenta comunicativa, aumentativa e alternativa (CAA) que facilita ás persoas con necesidades educativas especiais a comunicarse e comprender mellor o mundo que as rodea.
📚 Subimos os vídeos das nosas cancións tamén con pictogramas para que todos os peques poidan aprender os números, o abecedario, hábitos e rutinas, partes do corpo, días da semana, meses, festexar o aniversario ou dar os bos días.
📕 Nalgún vídeo tamén facilitamos fichas gratuítas para traballar os conceptos desde outro punto de vista, podes atopalo nas descripcións de cada un na canle de YouTube.
Aprendizaxe lúdica
😃 Neste apartado incluímos vídeos que mediante xogos ou adiviñanzas traballan as letras ou o vocabulario.
🔠 Vídeos para aprender a ler e escribir as vogais, asociar palabras que comecen por elas e ver como se trazan as grafías.
🚒 Vídeos para aprender vocabulario sobre os medios de transporte ou os animais en galego.