Galego para peques somos Fátima Suárez Barrantes e Álvaro López García.
Por unha banda, Fátima, logopeda especialista en neuropsicoloxía, atención temperá e aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas a trastornos da linguaxe, específicamente do espectro autista.
Pola outra, Álvaro, con estudos de arquitectura técnica, así como no grao profesional de piano do conservatorio, mesturando a afección polo debuxo e a música para crear todo este contido.
Pero, sobre todo, somos unha mamá e un papá galegos, máis concretamente de Monterroso, que ante a falta de contidos infantís na nosa lingua decidimos lanzar este proxecto alá polo 2023, cando o noso fillo tiña 3 anos.
Viamos que existían multitude de contidos noutros idiomas para as crianzas destas idades, pero non así en galego, e ante a posibilidade de que pasasen anos sen que mudase esta situación puxémonos mans á obra, e máis vendo o rápido que pasan estas etapas cando se trata do teu propio fillo.