Premios e recoñecementos
Premios e recoñecementos
✨Antes de comezar, é necesario destacar que o motor deste proxecto, e o seu maior premio, son todas esas mensaxes que nos enviades de ánimo do moito que valorades este material, especialmente cando esa valoración vén dunha nena ou dun neno.
Son xa centos de miles de reproduccións dos nosos vídeos, e non podemos máis que darvos as grazas.
Premio Rosalía de Castro da Lingua
No ano 2025 fomos gañadores do premio Rosalía de Castro de Lingua, promovido pola Deputación da Coruña por ser, en valoración do xurado, “un proxecto audiovisual que vén encher un oco moi importante na creación e posta a disposición gratuíta e accesíbel de vídeos educativos e divertidos en galego para as primeiras etapas da infancia, xustamente a etapa de adquisición da lingua”. O comité avaliador destacou, ademais, “que o proxecto parta de dúas persoas a título particular, que se preocuparon na súa faceta de proxenitores por crear contido que non atopaban no mercado para as súas fillas e fillos”. “Estamos a falar ademais”, valora o xurado, “dun proxecto inclusivo, pois tamén inclúe vídeos con pictogramas para axudar as persoas con necesidades educativas especiais”.
Gañador Premio Mil Primaveras
Tamén gañamos o Premio Mil Primaveras, promovido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O xurado destacou a calidade e a estética dos vídeos, cunha imaxe idónea para a franxa de idade destinataria. Tamén valorou a súa fácil difusión e a posibilidade de empregalos en diferentes contextos. O xurado recoñeceu así mesmo a xenerosidade dunha iniciativa que comparte recursos diversos (contos, cancións, fichas para pintar e tamén de iniciación á lectura e á escritura) para que calquera persoa poida usalos, e salientou as potencialidades de interacción con outros programas de socialización en galego da infancia.
Primeira serie de animación infantil inclusiva con pictogramas dunha canle pública de España
Aínda que ningunha institución ou colectivo o teña recoñecido formalmente, consideramos fundamental destacar un fito pioneiro acadado da man do Xabarín: convertémonos na primeira serie de animación infantil dunha canle pública de España en incorporar pictogramas. Deste xeito, facilitamos que todos os nenos e nenas, especialmente os do espectro autista, poidan gozar do contido en igualdade de condicións.
Creamos un precedente que oxalá sirva para que máis creadores se animen a incorporar nos seus contidos estas ferramentas que permiten a todos os nenos e nenas comprender mellor e desfrutar os episodios.
Finalistas no Carballo Interplay a mellor canle dixital en galego
Finalistas no Youtubeiras +