Pictogramas (CAA)
Pictogramas (CAA)
😃 Os pictogramas son unha ferramenta comunicativa, aumentativa e alternativa (CAA) que facilita ás persoas con necesidades educativas especiais a comunicarse e comprender mellor o mundo que as rodea.
📚 Subimos os vídeos das nosas cancións tamén con pictogramas para que todos os peques poidan aprender os números, o abecedario, hábitos e rutinas, partes do corpo, días da semana, meses, festexar o aniversario ou dar os bos días.
📕 Nalgún vídeo tamén facilitamos fichas gratuítas para traballar os conceptos desde outro punto de vista, podes atopalo nas descripcións de cada un na canle de YouTube.
14 vídeos animados con cancións apoiadas en pictogramas, converténdose así na primeira serie de animación inclusiva con pictogramas presente nunha canle pública de España.
Está ideada para que poidan desfrutala tanto as persoas con necesidades educativas especiais, principalmente do espectro autista, como calquera outra persoa, creando un precedente marabilloso para animar a máis creadores a incluír no seu traballo ferramentas comunicativas aumentativas e alternativas (CAA).