Medrando en galego
Medrando en galego
"Un proxecto audiovisual que vén encher un oco moi importante na creación e posta a disposición gratuíta e accesible de vídeos educativos e divertidos en galego para as primeiras etapas da infancia, xustamente a etapa de adquisición da lingua".
"Estamos a falar ademais", valora o xurado, "dun proxecto inclusivo, pois tamén inclúe vídeos con pictogramas para axudar as persoas con necesidades educativas especiais".
😃 Son vídeos sen cambios bruscos de cor, plano nin son para non sobreestimulalos.
📚 Sempre contan cunha aprendizaxe adaptada á idade.
🤱 Sen brillos, nin grandes efectos para que non sexan invasivos.
🎶 Fomentamos a aprendizaxe a través da música.
🧑🏫 Tamén facilitamos as cancións apoiadas en pictogramas (CAA) para que todos os peques poidan desfrutalas.
14 vídeos animados con cancións apoiadas en pictogramas, converténdose así na primeira serie de animación inclusiva con pictogramas presente nunha canle pública de España.
Está ideada para que poidan desfrutala tanto as persoas con necesidades educativas especiais, principalmente do espectro autista, como calquera outra persoa, creando un precedente marabilloso para animar a máis creadores a incluír no seu traballo ferramentas comunicativas aumentativas e alternativas (CAA).